Grazas á axuda para investimentos de promoción económica da Deputación Provincial da Coruña, o Colexio de Mediadores de Seguros da provincia puido desenvolver un proxecto de transformación da sala de formación analóxica a unha dixital, e o seu reacondicionamiento, restauración e mellora.
O cambio de hábitos na formación, motivado pola pandemia, trouxo ao Colexio a formación en liña e mixta (presencial con retransmisión en streaming), que supón actualmente máis do 90% da formación que se imparte na institución colexial.
Na aula do colexio impártense de xeito habitual, cursos e xornadas do Plan de Formación Inicial e Continua, tanto presenciais coma mixtas (retransmisións en streaming e gravación das mesmas) para colexiados, mediadores non colexiados, o seu persoal relevante, e alumnos que queren acceder ao exercicio da profesión, polo que precisabamos de xeito urxente unha mellora integral das instalacións, do mobiliario e do equipamento audiovisual e tecnolóxico, xa que detectamos carencias que impedían o correcto desenvolvemento das actividades formativas mencionadas no seu formato en remoto.
A mellora da aula de formación beneficia a calquera mediador da provincia e ao seu persoal relevante, a outros profesionais do sector, os seus empregados, clientes, colaboradores, xa que mellora a súa formación e capacitación profesional e o seu cumprimento legal, así como a calquera cidadán que queira acceder ao exercicio da profesión a través dos cursos de formación inicial obrigatorios por lei (grupos 1, 2 e 3), isto repercute nunha mellora significativa da profesión do mediador en toda a provincia, polo que consideramos imprescindible esta transformación integral, que puidemos acometer grazas á subvención de promoción económica da Deputación da Coruña.